Noticias

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos presentan este sábado no Teatro Municipal "A nena e o grilo máis aló"

Este espectáculo músico teatral vai dirixido a público familiar dende os 3 anos


13 febreiro 2020
Tui
Cartel Magín Blanco

Un espectáculo musico-teatral é o que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. O público poderá gozar dende ás 18.30 h con "A nena e o grilo máis aló".  

Este é a última entrega de "A nena e o grilo" o musical infantil galego que presenta novas aventuras dos seus protagonistas. A nena o grilo, esmagan a súa amiga Xertrude, unha araña, polo que buscarán o xeito de devolvela á vida. Uns artistas ambulantes vannos guiar a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. O resultado é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Sobre o escenario estarán Magin Blanco, Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Magín Blanco e Cristian Legiero.

Magín Blanco iniciou hai uns anos co álbum "O país das Apertas" o proxecto musical de A Nena e o grilo. Continuou con "A nena e o grilo nun Barquiño" xa coa colaboración de Teatro Ghazafelhos. Pepablo Patiño, o autor desta peza, no texto abre a porta aos soños e a explorar, a traballar sobre a amizade, o medo e a importancia de recoñecer os erros e afrontar os medos.

O espectáculo, cunha duración de 60 minutos, vai dirixido a público infantil e familiar dende os 3 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12 h e o sábado dende ás 17 h no despacho de billetes aos prezos de 4€ e 3€.