Noticias

O cambio climático, a enerxía e a contaminación mariña centran mañá as actividades do programa do Día Mundial do Medio Ambiente


10 xuño 2021
Tui
Día Mundial do Medio ambiente

Mañá venres, 11 de xuño, proseguen os actos organizados polo Concello de Tui para celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que comezaron a semana pasada.

A Sala Municipal de Exposicións acollerá o programa de actividades previsto.

Ás 16.30 h será inaugurada a mostra "Adaptación: a outra cara do cambio climático" do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM.  Ás 17 h no anexo da sala Títeres en Tu casa representará a obra  "Operación Plancton" na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños. Vai dirixida a público infantil.

Ás 19 h baixo o título de "Enerxía e Clima" terá lugar unha charla obradoiro sobre "Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica" e proxectarase o documental "We the power" sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.

O programa remata o sábado, 19 de xuño, de 11 a 14 h está prevista a actividade "O monte en man común, xestión forestal e legado histórico" na Sala Municipal de Exposición.  Comezará ás 11 h coa proxección do documental "En todas as mans" e ás 13 h coa charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.