Noticias

O Consorcio do Louro apraza o pago das taxas


28 marzo 2020
Tui
Concello de Tui

O Consorcio de Augas do Louro anuncia aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con motivo da situación de alarma por coronavirus.

O Consorcio valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas están a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias. Polo que decidiuse modificar o calendario fiscal de 2020 aprazando 20 días, ata o 30 de abril, a data de pago en voluntaria dos recibos de novembro-decembro de 2019, retrasar dous meses os prazos de inicio e fin de pago en voluntaria dos recibos de xaneiro-febreiro de 2020 e retrasar un mes os prazos previstos para os recibos de marzo-abril de 2020.

TAXAS E P.P.

DATA INICIO

DATA FIN

DATA CARGO CONTA(1)

6º BIMESTRE 2019

10/02/2020

30/04/2020

30/04/2020

1º BIMESTRE 2020

10/06/2020

10/08/2020

13/07/2020

2º BIMESTRE 2020

10/07/2020

10/09/2020

14/08/2020

3º BIMESTRE 2020

10/08/2020

10/10/2020

14/09/2020

4º BIMESTRE 2020

10/10/2020

10/12/2020

09/11/2020

5º BIMESTRE 2020

10/12/2020

12/02/2021

11/01/2021

 

 

 

 

 

No relativo aos prazos para o pago en vía executiva, dado que esta xestión está delegada no ORAL, haberá que ter en conta os aprazamentos e suspensións de prazos acordados por este organismo.

Por outra banda, o Consorcio lembra que o importe dos recibos que emite depende en grande medida do consumo de auga realmente realizado polo que todos aqueles establecementos que tiveran que cesar a súa actividade durante os meses de marzo e abril verán como se reduce o importe do recibo proporcionalmente á cantidade de auga non utilizada.

O Consorcio informa, así mesmo, que as persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que, de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus, poden solicitar dos servicios sociais municipais os informes que acrediten esta nova situación para poder acceder a esta exención.