Noticias

O pleno extraordinario previsto para esta tarde aprázase para o venres


15 outubro 2018
Tui
Concello de Tui

O pleno de carácter extraordinario previsto para ás 20h de hoxe luns, 15 de outubro, foi aprazado para este venres, 19 de outubro, á mesma hora.

O motivo do aprazamento débese a ausencia do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, que se desprazou na fin de semana a Versmold, onde se celebrou o quinto aniversario do acordo de irmandade entre esta cidade alemá e Tui. Estaba previsto que rexedor regresara onte á noite nun voo Dortmund-Porto, que foi aprazado, polo que tiveron que buscar unha nova conexión que o levará dende Frankfurt ata Lisboa, e dende a capital portuguesa a Porto, polo que non estará en Tui até pasada a medianoite de hoxe.

Explicaba Vázquez Padín