Noticias

Presentación aos medios do MUMI (Músicas no Minho) 2021


04 maio 2021
Tui

Estamos moi contentas de presentarvos o vindeiro mércores 5 de maio a edición 2021 do MUMI, a feira que reunirá a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués e que se celebrará do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.

A rolda de prensa terá lugar no Arquivo Municipal de Valença o 5 de maio ás 10h (hora portuguesa, 11h hora galega) coa participación do Presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodríguez Lopes, e do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González. Ademais, contaremos coa presenza da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente Solla. A Eurocidade Tui-Valença acolle e patrocina un encontro que, ademais da vertente profesional, abrirá boa parte do programa ao público xeral.

Por parte do equipo organizador do MUMI 2021, intervirán na presentación César Cardoso (Portugal) e Manuel Vicente Roxo (Galicia).

Agardámosvos para contarvos as liñas xerais e escenarios do que será o MUMI 2021!

Grazas pola vosa atención e calquera consulta ou dúbida, quedamos ao voso dispor.