Noticias

Tanxarina presenta mañá venres en Tui "A Galiña Azul"

A cita será ás 20 h no Teatro Municipal de Tui dirixida a público familiar


14 marzo 2019
Tui

O conto de Carlos Casares "A Galiña Azul" chega mañá venres, 15 de marzo, ás 20 h ao Teatro Municipal de Tui da man de Tanxarina Títeres. A veterana compañía redondelá presenta unha adaptación deste texto coa dirección de Cándido Pazó e con Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez como actores e manipuladores dos monicreques.

Este espectáculo permítenos reflexionar sobre a diversidade a través da historia dunha galiña azul, que ten cinco plumas vermellas nunha á, que pon ovos de cores e canta cocorocó.

Tanxarina recibiu o ano pasado o premio Fetén ao Mellor Espectáculo de Títeres e o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil por esta montaxe da "A Galiña Azul".

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h ou o venres dende as 18.30 h despacho de billetes.

Tanxarina con "A Galiña Azul"

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 15 de marzo, ás 20 h
  • Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12 h ou o venres dende as 18.30 h despacho de billetes.
  • Prezos: 4€ - 3€