Noticias

Tui celebrará o domingo 17 de marzo o Desfile-Concurso de Entroido e o domingo 24 o Enterro do Bacallau


07 marzo 2019
Tui
Concello de Tui

A choiva e o vento do pasado martes obrigaron a suspender o Desfile-Concurso de Entroido, que se vai celebrar o domingo, 17 de marzo, ás 17.30 h no circuíto establecido polas rúas novas.

Para manter a secuencia lóxica dos eventos de Entroido, e ante a incertidume do tempo, vénse de aprazar a celebración do Enterro do Bacallau, previsto inicialmente para este domingo 10, para o domingo 24 de marzo.  Deste xeito primeiro terá lugar o desfile-concurso e á semana seguinte a despedida do Entroido co Enterro do Bacallau.

Entroido 2019

  • Desfile concurso de Entroido
    • Domingo 17 de marzo ás 17.30h
  • Enterro do Bacallau
    • Domingo, 24 de marzo, ás 19.30h