Noticias

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

Arestora completan a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Este verán realizarán prácticas na cidade


22 marzo 2019
Tui
Novos polícias locaís en Tui

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle hoxe  a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui.  Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP. A comezos de 2020 incorporaranse xa de forma definitiva coma membros do corpo da Policía Local de Tui.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que deste xeito seguen dando os pasos precisos para reestruturar e mellorar o concello e o servizo que se presta aos cidadáns.