Noticias

Tui recibe 50 composteiros individuais de SOGAMA para continuar co programa municipal

O Concello de Tui recibiu hai uns días 50 composteiros individuais tras a solicitude feita dende a concellería de Medio Ambiente a SOGAMA.


15 outubro 2020
Tui
Mestra composteira con composteiros

Con este medio centenar de COINS continuarase o programa municipal de compostaxe individual. As persoas que desexen sumarse a este programa e recibir un destes composteiros individuais poden descargar a solicitude en tui.gal e enviala a compostaxe@tui.gal. A mestra composteira porase en contacto con eles para facer a entrega, explicar o proceso de compostaxe e realizar posteriormente un seguimento do uso. Unha vez entregados estes 50 novos  composteiros serán xa preto de 200 as vivendas que contan estes dispositivos, dende que se entregaron os primeiros en agosto de 2019