Noticias

Turismo Rías Baixas acolle desde hoxe a exposición "As tres décadas de ouro do Colón galego (1899-1930)" de Roberto Taboada

O Palacete das Mendoza acolle esta mostra que afonda nas orixes galegas de Cristóbal Colón ata o 26 de xaneiro


12 xaneiro 2018
Roberto Taboada

A sede de Turismo Rías Baixas acolle, desde hoxe e ata o 26 de xaneiro, a mostra de Roberto Taboada "As tres décadas de ouro do Colón galego (1899-1930)", que afonda nas orixes galegas de Cristóbal Colón. A mostra poderá visitarse de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas,e os sábados, domingos e festivos, de 10 a 14 horas.

A exposición, que arranca hoxe no Palacete das Mendoza, é o resultado da investigación que levou a cabo durante anos Roberto Taboada. Taboada defende a galeguidade de Cristóbal Colón, para o que realizou unha ardua recompilación e investigación que pon de manifesto a orixe galega do almirante e a teoría do seu vínculo con Portosanto.

"As tres décadas de ouro do Colón galego (1899-1930) recolle importante documentación, manuscritos de Constantino Horta Pardo e de Prudencio Otero, bibliografía dos continuadores da tese galega de García de la Riega, escritos de hemeroteca e a posta en valor do Comité Pro Colón Español. Ademais, na mostra tamén se poderá ver fotografía, filatelia, numismática e bitolas relacionadas con Cristóbal Colón.

Roberto Taboada naceu en Pontevedra en 1953 e é coñecido principalmente pola súa actividade política. Tamén foi mestre de EXB e traballou como funcionario na Deputación de Pontevedra. Ao longo da súa traxectoria vital cultivou diferentes disciplinas artísticas coma a literatura, o debuxo, o deseño e a pintura. Tamén foi comisario de diversas exposicións, deseñou carteis e escudos e é autor de varias obras vinculadas con Pontevedra, coa súa contorna e o seu patrimonio.


Outras novas

mellora de estrada provincial

25 abril 2018, cerdedo-cotobade, mellora, estrada provincial, portela, serrapio
Museo de Pontevedra

24 abril 2018, pontevedra, filgueira valverde, o museo, correspondencia, ´sánchez cantón
pormoción turística

24 abril 2018, pontevedra, turismo, vigo, porto, o salnes, o deza, promocion turistica
Mulleres en Acción. Violencia Zero en Barro

24 abril 2018, barro, violencia zero, mulleres en acción, amparo novas
Nieves Fran

23 abril 2018, visitas, cruzadas, margarita ledo, xacio baño