Noticias

Aberta a reserva de entradas para o I Festival Internacional de Artes de Rúa

Até 30 minutos antes do inicio de cada espectáculo poderán solicitarse nas webs www.tui.gal e www.visitvalenca.com


21 xullo 2021
Tui
Festivasl de artes na rúa

Dende este mediodía está xa dispoñible a reserva de entradas para os espectáculos que esta fin de semana se celebrarán na Eurocidade Tui-Valença, no marco do I Festival Internacional de Artes de Rúa.

O público pode reservar a súa entrada, de forma gratuíta, nas webs www.tui.gal e www.visitvalenca.com até 30 minutos antes do inicio do espectáculo. En cada operación poden reservarse un máximo de 2 entradas.

O Festival conta cun protocolo anticovid cumprindo as medidas sanitarias vixentes. No lugar dos espectáculos é obrigatorio o uso de máscara, así coma a desinfección con xel no acceso. Débese manter a distancia de seguridade e permanecer sentado durante o espectáculo.  Cómpre lembrar que os aforos están limitados en cada un dos espazos onde terán lugar as actividades.

Seis lugares acollerán dende este venres as 24 funcións previstas. Serán o Jardim das Amoreiras e o Largo do Governo Militar na Fortaleza de Valença, e o Jardim Municipal, tamén en Valença, o Paseo da Corredoira, o Paseo Fluvial e a Praza do Concello de Tui.  Tamén haberá espectáculos itinerantes que percorrerán rúas e prazas da Eurocidade.

Programación

Venres, 23 de xullo

  • Ás 15.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Antón Coucheiro presenta "Sonámbulo".  Aforo 60 persoas.
  • Ás 16.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Arsenio Baruffi. Aforo 50 persoas
  • Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante Farra Fanfarra
  • Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Fredi&Cia presenta "Circanelo". Aforo 60 persoas.
  • Ás 20.30 h no Paseo da Corredoira Antón Coucheiro presenta "Sonámbulo".  Aforo 120 persoas.
  • Ás 21.30 h no Paseo da Corredoira Farra Fanfarra. Aforo 120 persoas.
  • Ás 22.00 h no Paseo Fluvial Mamá Cabra presenta "A fraga do meu avó". Aforo 240 persoas.
  • Ás 23.00 h no Paseo da Corredoira Arsenio Barafuti. Aforo 120 persoas.

Sábado, 24 de xullo

  • Ás 15.30 h en Valença espectáculo itinerante O Pulpiño Viascón con "Musicleta"
  • Ás 16.30 h na Praza do Concello Fredi&Cia con "Circanelo". Aforo 60 persoas
  • Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante BrassDass
  • Ás 18.30 h no Paseo da Corredoira en Tui O Pulpiño Viascón con "Musicleta". Aforo 120 persoas.
  • Ás 20.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Comedias do Minho con "Fim de tarde" Aforo 60 persoas.
  • Ás 21.30 h no Paseo da Corredoira espectáculo itinerante BrassDass.
  • Ás 22.00 h no Jardim Municipal de Valença Pedaço Mau en concerto. Aforo 200 persoas.
  • Ás 23.00 h no Paseo Fluvial A Gramola Gominola con "Bravas. O Rexurdir da Luz". Aforo 240 persoas.

Domingo, 25 de xullo

  • Ás 15.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Pajarito con "A Vida Tola de Pajarito". Aforo 50 persoas
  • Ás 16.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Troula Animación con "O estraño caso do dentista da rúa Brasova". Aforo 60 persoas.
  • Ás 17.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Daniel Gonçalves con "Heaven". Aforo 50 persoas.
  • Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Clown Enano. Aforo 60 persoas.
  • Ás 20.30 h no Paseo da Corredoira Circo Chosco con "Forzu2". Aforo 120 persoas.
  • Ás 21.30 h na Praza do Concello Pajarito con "A Vida Tola de Pajarito". Aforo 60 persoas.
  • Ás 22.00 h no Paseo da Corredoira Troula Animación con "O estraño caso do dentista da rúa Brasova".  Aforo 120 persoas.
  • Ás 23.00 h no Paseo da Corredoira Clown Enano. Aforo 120 persoas.