ORAL-Xestión tributaria

Celebración da xornada "Xestión de sancións de tráfico: novos equipos móbiles de interconexión co ORAL – Deputación de Pontevedra"


11 febreiro 2020

O deputado delegado do ORAL, Carlos López Font, deu a benvida este luns aos axentes da policía local que participaron na xornada sobre "Xestión de sancións e tráfico: novos equipos móbiles de interconexión con ORAL – Deputación de Pontevedra".

Esta xornada encádrase dentro da vontade de fomento da colaboración coas entidades locais que teñen delegada a xestión, recadación e inspección dos seus tributos propios no ORAL, e tivo como obxectivo a formación dos axentes da policía local dos ditos concellos na utilización dos equipos móbiles, que poñerá á súa disposición a Deputación Provincial de Pontevedra, para o traslado electrónico das denuncias de tráfico.

Xornada Sancións de tráfico

Fotos