ORAL-Xestión tributaria

O ORAL pon en coñecemento dos concellos información detallada sobre os anticipos mensuais do ano 2020


12 febreiro 2020

O ORAL puxo a disposición de todos os concellos que teñen delegada a xestión recadadora dos seus tributos nesta Deputación información detallada sobre os anticipos mensuais correspondentes ao exercicio 2020, aprobados pola Xunta de Goberno da institución provincial do 24 de xaneiro de 2020.

Estes anticipos, regulados nas Bases de execución de Orzamento da Deputación de Pontevedra, teñen a natureza de ingresos a conta da recadación definitiva que se leve a cabo neste exercicio.