ORAL-Xestión tributaria

Aprobación definitiva do expediente de modificación da ordenanza fiscal do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL)


01 xullo 2020

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2020, aprobou inicialmente o expediente de modificación da ordenanza fiscal do Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra mediante a introducción dunha disposición transitoria única de medidas de flexibilidade no pago de tributos delegados, derivadas da crise sanitaria producida polo COVID-19.

En cumprimento do disposto no artigo 17 apartados 1 e 2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o acordo de aprobación inicial do expediente de modificación da ordenanza fiscal do Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra, someteuse a información pública mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, número 81 de data 29 de abril de 2020, e nun diario dos de maior tirada da provincia de Pontevedra polo prazo de trinta días hábiles, iniciándose dita exposición pública o día 30 de abril de 2020 e finalizando o día 11 de xuño de 2020 (ambos inclusive).

Unha vez finalizado o período de exposición pública e ao non presentarse reclamacións, reparos ou observacións dentro do prazo mencionado, enténdese definitivamente aprobado o expediente de modificación da ordenanza fiscal do Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

 

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA