ORAL-Xestión tributaria

Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL)


04 agosto 2021

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xullo de 2021, aprobou inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal xeral do Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL).

De conformidade co disposto no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), as persoas interesadas ás que se refire o artigo 18 do citado texto refundido da Lei de facendas locais poderán examinar o expediente e, durante o mesmo prazo, daráselles audiencia para os efectos de que poidan presentar as reclamacións e facer as alegacións e suxerencias que estimen oportunas.

No caso de que non se formulen reclamacións durante o período de exposición pública, este acordo provisional considerarase elevado a definitivo, de conformidade co disposto no artigo 17.3 do citado Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

 

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA