ORAL-Xestión tributaria

As oficinas do ORAL estarán TEMPORALMENTE PECHADAS PARA A ATENCIÓN PRESENCIAL


16 marzo 2020

Manteranse os servizos a través do Centro de Atención Telefónica e a Oficina Virtual Tributaria, onde poderá realizar consultas de forma sinxela.

NON SE PREOCUPE, NON LLE CORRERÁN OS PRAZOS nin para realizar pagamentos nin para presentar documentación ante o ORAL. Proximamente comunicaremos os novos períodos de pagamento

O R. d. 463/2020, de 14 de marzo de 2020, establece a SUSPENSIÓN DE PRAZOS ADMINISTRATIVOS, polo que una vez se levante o estado de alarma decretado comenzarán a rexer novos prazos para calquera pagamento ou requirimento que lle notificásemos

Desculpe as molestias.

 

Máis información en:

886 211 400

informacion.oral@depo.gal