ORAL-Xestión tributaria

Delegación de competencias do Concello da Lama para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva de vía pública


16 novembro 2020

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local a delegación de competencias que realizou o Concello da Lama por acordo do Pleno na sesión de data 15 de xuño de 2020 para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías.

 

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

BOPPO 12/11/2020

 

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/

TELÉFONO: 886 211 420