ORAL-Xestión tributaria

Delegación de competencias do Concello de Baiona para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana


30 xuño 2021

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xuño de 2021, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local a delegación de competencias que realizou o Concello de Baiona por acordo do Pleno na sesión de data 6 de maio de 2021 para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

BOPPO 30/06/2021

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/

TELÉFONO: 886 211 420