ORAL-Xestión tributaria

Delegación de competencias do concello de Pontecesures para desenvolver a facultade de liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica


16 novembro 2020

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local a delegación de competencias que realizou o Concello de Pontecesures por acordo do Pleno na sesión de data 27 de xullo de 2020 para engadir expresamente dentro da competencia xa delegada de xestión do imposto sobre vehículos de tracción mecánica efectuada por acordo plenario de data 28 de setembro de 1992, a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

BOPPO 12/11/2020

 

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/

TELÉFONO: 886 211 420