ORAL-Xestión tributaria

Delegación na Deputación das competencias propias da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico por diversos concellos da provincia


06 maio 2021

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2021, acordou aceptar as delegacións das competencias propias da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico efectuadas polos plenos dos concellos de Baiona, Caldas De Reis, Cambados, Cangas, Cañiza (A), Catoira, Cuntis, Estrada (A), Forcarei, Gondomar, Illa de Arousa (A), Grove (O), Lalín, Meaño, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Mos, Neves (As), Ponte Caldelas, Porriño (O), Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga e Vilanova de Arousa, nas datas que se indican a continuación:

As citadas delegacións aceptadas polo Pleno da Deputación de Pontevedra na sesión do día 30 de abril de 2021 veñen a complementar as acordadas polos respectivos Plenos dos concellos delegantes que tiñan por obxecto a delegación da recadación voluntaria e executiva das multas de tráfico e a colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio.

Quedan deste xeito delegadas as facultades de xestión integral das multas de tráfico dos citados concellos na Deputación de Pontevedra-ORAL.

Á entrada en vigor deste acordo quedarán sen efecto os acordos adoptados con anterioridade sobre a mesma materia e que sexan de vixencia incompatible.

BOPPO 06/05/2021

 

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia/

TELÉFONO: 886 211 420