ORAL-Xestión tributaria

Desde o día 16 de setembro de 2019 todas as persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica están obrigadas a relacionarse electronicamente co ORAL


29 outubro 2019

De novo, reitérase que as persoas xurídicas NON RECIBEN XA DESDE ESA DATA NIN RECIBIRÁN notificación postal ningunha, xa que estas se substituíron pola súa posta á disposición na OVT (www.ovt.depo.gal).

Se es representante dunha destas persoas ou entidades lembra que a non recepción das notificacións da OVT non exime da continuación do procedemento pola vía de constrinximento (artigo 43 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Tedes ao voso servizo a nosa Oficina Virtual Tributaria (www.ovt.depo.gal), onde poderedes realizar todos os trámites e poñer á disposición do ORAL un número de teléfono móbil ou un correo electrónico onde recibir os avisos de notificacións electrónicas.