ORAL-Xestión tributaria

Exposición pública das listas cobratorias do Imposto Sobre Bens Inmobles de Natureza Rústica, Urbana e de Características Especiais do exercicio 2020 e a súa cobranza


23 xuño 2020

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolución de Tesourería de data 17 de xuño 2020, vense de aprobar as listas cobratorias do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2020 (IBI) correspondentes aos concellos que de seguido se relacionan e que teñen delegada a xestión

tributaria do imposto nesta Deputación:

AGOLADA, ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, CAÑIZA (A), CATOIRA, CERDEDO-COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, ESTRADA, (A), FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, LAMA (A), MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, NEVES (AS), NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PORRIÑO (O), PORTAS, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, ROSAL (O), SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA

Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación–ORAL