ORAL-Xestión tributaria

Exposición pública dos padróns e das listas cobratorias das taxas e prezos públicos de varios conceptos, exercicios e concellos da provincia e a súa cobranza


08 febreiro 2021

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolución de Tesourería de 03 de febreiro de 2021, aprobáronse os padróns e as listas cobratorias das taxas e prezos públicos polos concellos e conceptos que se relacionan e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación.

Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación-ORAL. 

Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 08 de febreiro ata o 07 de marzo de 2021, ambas as datas incluídas.

A exposición ao público deste anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, e remitiráselles aos concellos incluídos para os efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

BOPPO 05/02/2021