ORAL-Xestión tributaria

O ORAL cobrou, no que vai do presente ano 2021, 9 de cada 10 sancións de tráfico das que lle foron entregadas polos concellos da provincia para o cobro


23 xuño 2021

ORAL, realiza a xestión de cobro das sancións de tráfico impostas por un total de 32 concellos da provincia de Pontevedra (máis da metade do total de Concellos de menos de 50.000 habitantes).

O ORAL puxo en marcha durante o ano 2020 a xeneralización de dispositivos electrónicos de gravación de denuncias, que utilizan as diferentes policías locais para enviar as sancións telemáticamente ao propio ORAL, co que o tempo que media entre a imposición da sanción e a tramitación axilizase notablemente

No que vai de ano 2021, o total de expedientes sancionadores susceptibles de cobro foi de 9.975 sancións, das que xa se cobraron, nos cinco primeiros meses do ano un total de 8.835 é dicir o 90,20 %.

No total do ano 2020 iniciouse a posta en marxa do novo procedemento, o volume de sancións impostas susceptibles de abono foi de 13.188 sancións e a porcentaxe de cobro foi de máis do 79,3 % (10.470) ao finalizar o ano. Se ben este dato é o que se alcanzou a data 31/12/2020, hai  que ter presente que parte das sancións que se cobran en vía executiva víronse afectadas pola suspensión das actuacións executivas dende o ORAL (desprazáronse no tempo) a tenor da situación sanitaria derivada da COVID-19.

A Deputación Pontevedra - ORAL ven de pechar a contas do ano 2020 e publicar a súa Memoria anual, cun resultado de notaria eficiencia co 89,4 % de cobros dos padróns do exercicio (tres puntos porcentuais de incremento na porcentaxe global de cobro sobre o ano inmediatamente anterior), porcentaxe que se elevou ata máis do 91% na principal figura tributaria municipal que é o Imposto de Bens Inmobles e ata case o 93 % (92,6 %) no Imposto de Actividades Económicas.