ORAL-Xestión tributaria

Procedemento simplificado de valoración colectiva do Concello do Porriño


07 maio 2021

O pasado 6 de abril pola Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra publicouse o anuncio do inicio dun "Procedemento simplificado de valoración colectiva do Concello do Porriño" cuxo obxectivo é adaptar os valores catastrais dos inmobles ao planeamento en vigor aprobado polo Concello e definitivamente pola Xunta de Galicia (artigo 28 e artigo 30.2 Real Decreto Lexislativo 1/2004, de 5 de marzo modificado pola Lei 13/2015).

A obtención de notificacións, presentación de alegacións/recursos, así como o resto das consultas derivadas deste procedemento poderán ser obxecto de atención nos Puntos de Información Catastral (PIC) habilitados.

No concello do Porriño os PIC está situado nas seguintes lugares: 

Concello Lugar Dirección Horario
O PORRIÑO Concello Antonio Palacios, 1 DE 9:00 A 14:00 HORAS
O PORRIÑO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - ORAL Rúa Pinar, 5 DE 9:00 A 14:00 HORAS

Do mesmo xeito, os titulares catastrais afectados poderán dirixirse á:

Entidade Dirección Contacto cita previa
Xerencia territorial do Catastro Andrés Muruais, 4 www.sedecatastro.gob.es
Liña Directa 913874550 - 902373635

Por último, tamén poderán obter información en:

Entidade Consulte o seu PIC máis próximo
Calquera dos puntos de información catastral (PIC) https://www1.sedecatastro.gob.es/CYCBienInmueble/SECBusquedaPIC.aspx
Liña Directa 913874550 - 902373635