ORAL-Xestión tributaria

Remate do prazo para o aboamento do IBI 2019


31 outubro 2019
O ORAL Informa

 

O vindeiro 5 de novembro rematará o prazo para o aboamento do imposto de bens inmobles (IBI 2019)

De conformidade eco establecido no art. 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria a notificación no domicilio fiscal da persoa contribuínte non é obrigatoria no caso deste imposto

Se non tes o teu recibo, para efectuar o pagamento e evitar recargas innecesarias, podes obtelo en ovt.depo.gal, chamando ao 886 211 400, escribindo a información.oral@depo.gal ou en calquera das nosas oficinas