Plans e proxectos

Viveiros de Empresas

Nome do programa: Viveiros de empresas de Barro e de Lalín

Obxectivos:

  • Favorecer a creación e consolidación de novas empresas
  • Favorecer a xeración de emprego
  • Diversificar a estrutura produtiva local favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador
  • Crear un medio idóneo en condicións de prezo e servizos que lles permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado.
  • Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que precisen dun espazo físico de localización, infraestrutura, loxística e servizos ofertados polos viveiros.
  • Contribuír á dinamización da provincia e das localidades nas que estean situados os viveiros. Para conseguir estes obxectivos cóntase coa axuda da Unión Europea a través de fondos FEDER, xestionados por Incyde, e coa achega económica da Deputación de Pontevedra.

Destinatarios: poderán ser cesionarias ou cesionarios dos viveiros de empresas as persoas emprendedoras e as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas, físicas ou xurídicas, que comecen a súa actividade económica nas instalacións dos viveiros de empresas
  • Persoas, físicas ou xurídicas, que iniciasen a súa actividade empresarial recentemente. Esíxese unha antigüidade máxima de constitución de 24 meses desde o inicio da actividade ata a data de presentación da solicitude de utilización de espazo
  • Persoas emprendedoras que necesiten dun espazo axeitado para analizar e preparar o seu proxecto e que nun prazo máximo de tres meses desde a súa instalación nos viveiros constitúan a súa empresa
  • Usuarias ou usuarios dos espazos de coworking que poderán ser persoas físicas ou xurídicas

Actividades que se desenvolven:

  • Cesión de espazos para o desenvolvemento de actividades empresariais
  • Servizo de información e asesoramento presencial e personalizado sobre as TIC e as novas tecnoloxías
  • Obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación 
  • Cursos, obradoiros e eventos relacionados co emprendemento

Medios:

  • Persoais:
    • Xefa de servizo, 1 enxeñeiro técnico, 1 técnico superior de administración especial e 1 auxiliar administrativo
    • 2 auxiliares de servizos varios en cada viveiro, un en quenda de mañá (8.00 h-15.00 h) e outro en quenda de tarde (15.00 h-22.00 h)
  • Económicos: orzamento anual de 347.500 €

Tempo previsto para a súa consecución:

  • Deputación: como responsable da administración e xestión dos viveiros de empresas por un tempo mínimo de 15 anos desde a súa posta en funcionamento.
  • Persoas cesionarias de espazos: o prazo máximo do acordo de cesión de espazo é de 3 anos para cada un deles.

Enlace da web: https://www.depo.gal/viveiros-de-empresas

Última modificación: venres, 07 setembro 2018