Plans e proxectos

DepoDesafío

Nome do programa: DepoDesafío 

Obxectivos: fomentar a práctica deportiva a través dun novo formato de probas deportivas que combinan a carreira, a bicicleta e a natación nun ciclo de 5 probas.

Destinatarios: está dirixido a persoas maiores de 18 anos, que poden competir nas 5 probas para lograr o desafío proposto ou participar en calquera das probas independentemente.

Actividades que se desenvolven: o DepoDesafío consta de 5 probas de diferentes modalidades (Travesía, BTT, Triatlhon, Carreira e Trail 2018).

Medios: a organización das probas faise directamente cos medios e o persoal do Servizo de Deporte con apoios externos puntuais de clubs, federacións e empresas especializadas para a montaxe.

Tempo previsto para a súa consecución: anual

Enlace da webhttps://www.depo.gal/web/depodesafio

Última modificación: venres, 18 outubro 2019