Plans e proxectos

Plan de recuperación da castaña

Obxectivos: fomentar e promocionar a produción da castaña como alternativa de aproveitamento.

Destinatarios: propietarios forestais, cooperativas, comunidades de montes veciñais en man común e cidadanía en xeral.

Actividades que se desenvolven: cursos de formación presencial, cursos de formación a distancia, unha xornada e o establecemento dunha parcela experimental.

Medios: persoal técnico contratado. Orzamento destinado á execución do plan.

Tempo previsto para a súa consecución: anual, a implantación e desenvolvemento do plan en diferentes áreas da provincia levarase a cabo cada ano.

Enlace da web: aínda non existen resultados do programa polo que non hai páxina web.

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018