Proxectos europeos

Practicum Depo

"Erasmus+" é un programa da Unión Europea (UE) que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2014. Abarca o período 2014-2020 e conta cun orzamento de 14.774,00 millóns de euros.

Obxectivos:

  • Proporcionar ferramentas e favorecer estratexias que faciliten ao alumnado a inserción laboral noutros países da UE
  • Aumentar as oportunidades de formación no estranxeiro dos/as alumnos/as de formación profesional e proporcionarlles as habilidades necesarias para a transición do ámbito da educación e a formación ó mercado laboral

Temática:

  • Apoio á educación, á formación, á xuventude e ao deporte en Europa
  • Ensino e aprendizaxe profesional e de linguas estranxeiras
  • Intercambio, cooperación e mobilidade entre os sistemas de educación e formación dos países participantes

Orzamento:

  • 2015: 1.180.352,01 €
    • Achega da Deputación: 40.400,00 €
    • Achega do FSE: 1.139.952,01 €
  • 2016: 722.274,00 €
    • Achega da Deputación: 127.800,00 €
    • Achega do FSE: 594.474,00 €
  • 2017: 863.943,45 €
    • Achega da Deputación: 162.976,45 €
    • Achega do FSE: 700.967,00 €
  • 2018: 821.633,40 €
    • Achega da Deputación: 162.976,40 €
    • Achega do FSE: 658.657,00 €
  • 2019: 880.441,00 €

Cofinanciamento: O SEPIE financia o 100 % dos proxectos "Erasmus+"; pero a maiores a Deputación de Pontevedra achega todos os anos financiamento para facer fronte a outros gastos, como os dos seguros. Con isto faise un proxecto de gasto na contabilidade

Prazos de execución

  • 2015: do 1/6/2015 ao 31/5/2017
  • 2016: do 1/6/2016 ao 31/5/2018
  • 2017: do 1/6/2017 ao 31/5/2019
  • 2018: do 1/6/2018 ao 31/5/2020
  • 2019: do 1/6/2019 ao 31/5/2021

Empresa redactora: Oneco Consulting, S. L.

Webwww.depo.gal/practicumdepo

Última modificación: martes, 24 setembro 2019