Plans e proxectos

Proxecto "Millennials" 2019

Plan de emprego para a mocidade

Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de  Garantía Xuvenil.

Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.

Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.

Participantes no proxecto "Millennials"

As e os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estar en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
  • Superar o proceso de selección

Ademais, estes programas estarán destinados ás mozas e mozos que, cumprindo os requisitos anteriores, desexen mellorar as súas habilidades e capacidades para incorporarse ao mercado laboral por conta allea.

As accións formativas que se van desenvolver no 2019 son as seguintes:

Máis información:

 

  • Fondo Social Europeo
  •  
  • EOI

Última modificación: xoves, 27 xuño 2019