Proxectos europeos

DEPOEMPRENDE 2017

Fomento del emprendimiento y las iniciativas empresariales

Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, que favorece as accións de apoio ao emprendemento destinadas ao impulso de iniciativas empresariais e á súa consolidación e sustentabilidade, especialmente no campo do emprendemento inclusivo.

Organismo intermedio: Fundación INCYDE

Socios:

Orzamento:

  • Orzamento total: 393.129,90 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra: 78.625,98 €

Cofinanciación: máximo de cofinanciamento do 80 % do FEDER

Empresa redactora: Servizo de Cooperación Municipal

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

DEPOEMPRENDE 2017: fomento do emprendemento e as iniciativas empresariais

DESCRIPCIÓN DO PROXECTO 

Obxectivos

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación para eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos
  • Promover a incorporación ao mercado laboral de persoas desempregadas de toda a provincia pola vía do emprendemento, priorizando os colectivos con maior risco de exclusión deste (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social)
  • Desenvolver competencias emprendedoras que:
    • Axuden as persoas desempregadas a superar obstáculos, desenvolver confianza en si mesmas e adquirir autonomía
    • Colaboren no desenvolvemento de oportunidades profesionais cando a oferta laboral non se corresponda coa oferta formativa
  • Contribuír á viabilidade e sostibilidade de novas empresas
  • Mellorar a calidade de vida das persoas desempregadas a través da formación e o asesoramento especializado e promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento de persoas desempregadas de toda a provincia
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razón de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de persoa destinataria
  • Fomentar o equilibrio territorial do programa, desenvolvéndoo coa colaboración de tódalas cámaras de comercio da provincia de Pontevedra para a súa dinamización, captación e participación no proxecto. Desta maneira chegarase a todo o público obxectivo da provincia
  • Colaborar cos axentes clave para o desenvolvemento do programa (cámaras de comercio, Universidade de Vigo, asociacións de persoas empresarias, escolas de negocios etc.)

Actividades

  • Captación de posibles persoas beneficiarias do proxecto
  • Promoción da cultura emprendedora mediante xornadas de portas abertas dirixidas ao público obxectivo do proxecto
  • Formación para a obtención da acreditación do módulo "Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas" (120 horas)

Correo-e: depoemprende2017@depo.es
Teléfono: 986 804 100. Extensiones: 40854 y 40853