Proxectos europeos

DEPOVERDE

EmpregaVerde 2017

EmpregaVerde 2017 (Fundación Biodiversidade)

Eixo: Crea

Temática ambiental: Agricultura e gandería sustentable (hortofruticultura e apicultura sustentable)

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 138.387,38 €
  • Orzamento cofinanciado polo FSE: 110.709,90 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra (15 % do orzamento total): 20.758,11 €

Cofinanciamento: Máximo de cofinanciamento do 80 % do FSE

Empresa redactora: Axia Consulting Group, S. L.

Comunidades autónomas onde residen as persoas destinatarias: Galicia e Andalucía

Provincias onde residen as persoas destinatarias: Pontevedra, Sevilla, Xaén, Huelva, Málaga, Cádiz, Córdoba e Almería

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

Ponteverde

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é impulsar a produción hortofrutícola e apícola de calidade nos espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes destas zonas protexidas.

Resumo do proxecto (1000)

O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado ás persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial nestes espazos ou en traballar no sector hortofrutícola ou apícola.

Impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:

  • Apicultura sustentable
    Capacitar as persoas interesadas para levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos e aquelas que desexen mellorar a súa empregabilidade e facer un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e a paisaxe nestas zonas.
  • Hortofruticultura sustentable
    Curso cunha formación xeral sobre os conceptos básicos e necesarios para emprender unha explotación hortofrutícola sustentable: solo, planta, auga, fertilizantes, mecanización de cultivos, instalacións de rega, invernadoiros, maquinaria, cultivos hortícolas, fitopatoloxía, fruticultura, técnicas para o cultivo de hortalizas. Xestión dunha explotación hortofrutícola

 

  • http://www.upa.es/upa-andalucia/inicio/
  • depo.gal
  • http://www.mapama.gob.es/es/
  • http://www.mapama.gob.es/es/
  • http://fundacion-biodiversidad.es/
  • http://www.mapama.gob.es/es/