Proxectos europeos

PROTURA: Promoción do turismo rural sustentable

EmpregaVerde 2017

EmpregaVerde 2017 (Fundación Biodiversidade)

Eixo: Mellora

Temática ambiental: Turismo sustentable (turismo rural sustentable)

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 91.745,06 €
  • Orzamento cofinanciado polo FSE (80 %): 73.396,05 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra (15 %): 13.761,76 €
  • Achega da UPA Castela-A Mancha (5 %): 4.587,25 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 80 % do FSE

Empresa redactora: Axia Consulting Group, S. L.

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

Promoción do turismo rural sustentable. PROTURA

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

Obxectivos

Mellorar o coñecemento entre as e os profesionais do sector turístico (persoas empresarias e empregadas) do que significa turismo sustentable, achegando estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.

Resumo do proxecto

Está destinado ás e aos empresarios turísticos de zonas da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e en acceder a este interesante nicho de mercado. Ademais, é de utilidade para as persoas que orienten o seu traballo cara a este segmento da industria turística.

O proxecto pretende informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable, que poden traducirse en prácticas de xestión aplicables a todo tipo de empresas en calquera destino turístico rural. As principais actividades son:

  1. Realización do curso Turismo Rural Sustentable
    O curso é a distancia en formato en liña, mediante unha plataforma de teleformación. Esta modalidade atende ás necesidades do público obxectivo, xa que lle permite ao alumnado conectarse ao curso cando o desexe, ademais de dispoñer dunha persoa titora para todas as consultas que xurdan. O seu obxectivo é mellorar a capacitación das persoas empresarias e traballadoras do sector turístico sobre as técnicas de xestión nas que se basean os principios do turismo sustentable.
  2. Asesoría PONTEVERDE-TURISMO
    Darlles apoio a persoas do medio rural con espírito emprendedor, fomentando e desenvolvendo seus proxectos e iniciativas empresariais que permitan abarcar un amplo abano de posibilidades dentro do sector turístico. Asesorar as persoas interesadas no turismo sustentable innovador, tanto en temas técnicos como legais e administrativos.
  3. Accións de innovación social
    Desenvolvemento dunha ferramenta destinada ás persoas empresarias e traballadoras do sector turístico para cada destino no que se executa o proxecto, que lles permita ofrecerlles á súa clientela produtos segmentados diferenciados.

Comunidades autónomas onde residen as persoas destinatarias

Galicia e Castela-A Mancha

Provincias onde residen as persoas destinatarias

Pontevedra, Toledo, Cuenca, Albacete, Guadalaxara e Cidade Real

 

  • http://www.upa.es/upa-andalucia/inicio/
  • depo.gal
  • http://www.mapama.gob.es/es/
  • http://www.mapama.gob.es/es/
  • http://fundacion-biodiversidad.es/
  • http://www.mapama.gob.es/es/