Proxectos europeos

VISIT RIO MINHO

INTERREG V-A (POCTEP)
Preservación e valorización do río Miño transfronteirizo

1.ª convocatoria INTERREG V-A (POCTEP)

  • Eixo prioritario: 3. Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais
  • Obxectivo temático: OT 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos
  • Prioridade de investimento: PI 6.C. Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural

Socios

Orzamento total: 2.010.664,67 €

  • Orzamento da Deputación de Pontevedra: 1.120.000, 00 €
    • Achega da Deputación de Pontevedra: 280.000,00 €
    • Achega do FEDER (75 %): 840.000,00 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 75 % do FEDER

Prazo de execución: o proxecto desenvolverase entre o 10 de outubro de 2015 e o 31 de decembro de 2019

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

VISIT_RIO_MINHO: preservación e valorización do río Miño transfronteirizo

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

Capitalizar a marca Río Miño a través dun conxunto de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados a un compoñente de promoción e comunicación do río Miño como destino ecoturístico de referencia nacional e internacional.

Actuacións

Actividade 1: estruturación e consolidación da marca Río Miño

  • Acción 1. Desenvolvemento da marca Río Miño e elaboración da candidatura do esteiro do río Miño como paisaxe cultural da UNESCO
  • Acción 2. Promoción e organización de eventos de consolidación da marca Río Miño, especialmente eventos experienciais e o Campionato de Deporte e Aventura Río Miño
  • Acción 3. Promoción externa da marca Río Miño a través da asistencia a feiras de turismo internacionais ibéricas e outras accións promocionais

Actividade 2: preservación e interpretación do patrimonio natural transfronteirizo

  • Acción 1. Mellora do coñecemento e das condicións adecuadas para a preservación do patrimonio natural do río Miño
  • Acción 2. Interpretación dos recursos naturais e os novos modelos do turismo verde
  • Acción 3. Estruturas piloto de apoio ao coñecemento e interpretación da rede de espazos naturais clasificados

Actividade 3: valorización conxunta dos recursos económicos do río Miño

  • Acción 1. Inventario e publicación dos recursos turísticos do río Miño transfronteirizo
  • Acción 2. Valorización dos produtos da pesca garantindo a trazabilidade da captura de especies do río Miño e a creación dunha plataforma de traballo que consolide unha estratexia de explotación responsable destes produtos
  • Acción 3. Desenvolvemento de estruturas de apoio ás actividades promovidas polas empresas de animación para reducir as externalidades e as carencias do mercado

Actividade 4: cualificación e valorización da rede de recursos transfronteirizos

  • Acción 1. Modelos e normas de sinalización de rutas transfronteirizas, incluíndo sinalización e interpretación de nós de distribución de visitantes
  • Acción 2. Actuacións de vertebración do espazo común cunha rede de itinerarios transfronteirizos e estruturas de apoio a actividades complementarias
  • Acción 3. Parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza