#IGUALDADE

"Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. 


As bonecas expostas transmiten valores sexistas que se reproducen nos xogos, dirixindo en gran medida as condutas das nenas e dos nenos.

Mostralas intervidas como mulleres obxecto e representando a realidade da desigualdade das mulleres na sociedade entendemos que resulta didáctico, esclarecedor e reivindicativo.

Das bonecas intervidas, creación e textos: Isabel Blanco

Da dirección artística, instalacións e cartaz: Irene Silva Xiráldez

Da fotografía: Noemi Chantada (Islandia Producciones)

Do audiovisual: La Resistance Comunicación e Innovación, S. L.

Ligazóns de interese

Documentos

ODS NOS QUE TEN IMPACTO