ORAL-Xestión tributaria

Xornada sobre NOVIDADES NA TRIBUTACIÓN LOCAL: NOVAS LIÑAS NA MELLORA DA EFICIENCIA NA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS


18 outubro 2019
Novidades na tributación local

 O  vindeiro día luns 21 de outubro terá lugar un encontro entre as entidades locais e o ORAL, nunha nova xornada sobre "NOVIDADES NA TRIBUTACIÓN LOCAL: NOVAS LIÑAS NA MELLORA DA EFICIENCIA NA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS".

Esta xornada encádrase dentro da vontade de fomento da colaboración coas entidades locais que teñen delegada a xestión, recadación e inspección dos seus tributos propios no ORAL.