Préstamos sen xuros

Préstamos sen xuros a concellos

Préstamos a longo prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos que reúnan os requisitos e as condicións establecidos nelas e, excepcionalmente, a concesión de préstamos a curto prazo con destino ao financiamento de operacións de tesourería.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, http://sede.depo.gal

Última modificación: venres, 18 xaneiro 2019