Cultura

Subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural

As subvencións da Deputación de Pontevedra dirixidas aos concellos da provincia e destinadas á recuperación e á rehabilitación do seu patrimonio histórico-cultural teñen por obxecto:

  • A restauración de bens inmobles de titularidade municipal dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico
  • A adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra
  • A instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra

Última modificación: martes, 25 agosto 2020