Declaración de accesibilidade

A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web https://www.depo.gal (os subdominios deste sitio web terán as súas propias declaracións de accesibilidade).

Situación do cumprimento

Este sitio web é conforme ao RD 1112/2018 ao recoller os requisitos de accesibilidade de prioridade 1 e 2.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. falta de conformidade co RD 1112/2018:
    • Pode haber fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, como anidamiento incorrecto de elementos, presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto, ou algún salto nos niveis de encabezado [requisito número C9.2.7 Información e relacións das partes de ÚNEA 301549 v1.1.2:2015].
    • Do mesmo xeito, pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade porque fosen elaborados unicamente con obxecto de presentar determinada información visualmente, aínda que habitualmente ofrécese unha alternativa en texto.
  2. carga desproporcionada: non aplica.
  3. o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes da entrada en vigor do Real Decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 01/04/2019

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Deputación de Pontevedra.

Última revisión da declaración: 02/05/2019

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre os requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018), informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do seguinte formulario: www.depo.gal/formulario-de-contacto

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Deputación de Pontevedra.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que todos os cidadáns –con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores-, poidan navegar, sen atopar dificultades de acceso por esta web, en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Estándares e normativa

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra está en liña coas esixencias do "Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público".

As páxinas da web da Deputación de Pontevedra cumpren na actualidade cos requisitos da Norma EN 301 549 V2.1.2 (2018-08) considerando as excepcións do RD 1112/2018.

Este sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 8.0 e/ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024.

Este sitio web está deseñado para a súa visualización responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles. Nestes dispositivos está optimizado para a súa visualización nas últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Firefox for mobile, Safari mobile, Opera Mini e navegador nativo de Android.

Identifícanse os cambios de idioma mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navecación con lectores de texto.

A maioría das páxinas deste portal teñen habilitado o servizo de audiocontidos, en galego e castelán, para a súa escoita, o que facilita o acceso a estes a calquera persoa usuaria que teña dificultades de lectura en pantalla.

Establécese a posibilidade de consultar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada: 02/05/2019

Teclas de acceso rápido

Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:

0 Buscador

1 Inicio

2 Actualidade

3 Transparencia

4 Concellos

5 Temas