Axudas a centros escolares para o desenvolvemento de proxectos das STEM
Axudas dirixidas aos centros escolares de educación primaria e secundaria da provincia de Pontevedra para o desenvolvemento de proxectos no marco das STEM (Science-Technology-Engineering-Maths) relacionados co medio ambiente.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.
O prazo para presentar as solicitudes finalizará o día 20 de xuño e contarase desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
- Bases (BOPPO 02/05/2019)
- Extracto da convocatoria (BOPPO 02/05/2019)
- Ampliación do prazo de presentación de solicitudes (BOPPO 11/06/2019)
Última modificación: martes, 11 xuño 2019