Coworking en Pontevedra

Programa de coworking en Pontevedra: un lugar para emprender

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), e a Deputación de Pontevedra subscribiron un acordo de colaboración para promover a iniciativa empresarial local coa apertura conxunta de espazos de coworking nas localidades de Barro-Meis.

A través desta iniciativa preténdese fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen destes espazos de coworking, nun período de cinco meses, identificando as propostas con máis potencial de crecemento. Desta forma, a EOI e a Deputación de Pontevedra buscan que as iniciativas participantes poidan incorporarse en aceleradoras e cubrir así a seguinte fase no desenvolvemento das súas empresas.

Con esta finalidade levaranse a cabo diferentes actividades:

  • Obradoiros para axudar a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles e a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha
  • Sesións de formación en grupo nas que se traballarán materias específicas para impulsar e poñer en funcionamento os proxectos do espazo coworking
  • Sesións de mentorización por parte de persoas expertas centradas en acompañar as emprendedoras e emprendedores desde o momento do deseño de modelo de negocio ata a súa posta en marcha e optimización de ideas, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño
  • Eventos encamiñados a potenciar o networking e a compartir boas prácticas, contando coa experiencia de persoas expertas e do mundo empresarial

Esta convocatoria está dirixida as emprendedoras e emprendedores cun proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

Sexta edición: De outubro de 2020 a marzo de 2021

Quinta edición: de marzo a xullo de 2020

 

Cuarta edición: de setembro a decembro de 2019

Terceira edición: de febreiro a xuño de 2019

Segunda edición: de xuño de 2018 a outubro de 2018

Primeira edición: de setembro de 2017 a marzo de 2018

Última modificación: xoves, 15 outubro 2020

Vídeos

  • 04/01/2019  Coworking Barro 2018

  • 05/04/2018  'Alvientoo Turismo Gastro 3.0' na Xornada Demoday do coworking de Barro

  • 05/04/2018  'Wakau Atlantic Coast' na Xornada Demoday do coworking de Barro

  • 05/04/2018  'Javier Peribáñez' na Xornada Demoday do coworking de Barro

  • 05/04/2018  'El Asegurado Enterado' na Xornada Demoday do coworking de Barro

  • 05/04/2018  'Espacio Mulleres' na Xornada Demoday do coworking de Barro

Galerías de imágenes

0 - 0 de 0 albumes existentes

  • Mulleres en acción Violencia zero 2019-2020
    Mulleres en acción Violencia zero 2019-2020
  • RE-ACCIÓN… NOS CASTELOS!
    RE-ACCIÓN… NOS CASTELOS!
  • 03-07-2020 Concurso fotográfico online Comemos polos ollos
    03-07-2020 Concurso fotográfico online Comemos polos ollos
  • 26-06-2020 Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020
    26-06-2020 Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020
  • 11-03-2020 Plantación dun exemplar da camelia María Vinyals
    11-03-2020 Plantación dun exemplar da camelia María Vinyals
  • 06-03-2020 Acto 8M
    06-03-2020 Acto 8M
  • 21-02-2020 Presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz 2020
    21-02-2020 Presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz 2020
  • 03-02-2020 Showroom de SmartPeme en Vigo
    03-02-2020 Showroom de SmartPeme en Vigo
  • 31-01-2020 Inauguración da nova sede en Vigo
    31-01-2020 Inauguración da nova sede en Vigo
  • 23-12-2019 Acto de Nadal e homenaxe ás persoas xubiladas
    23-12-2019 Acto de Nadal e homenaxe ás persoas xubiladas