Deportes-Depo Andainas

Depo Andainas 2019

Prazas esgotadas DepoAndaina: Bosque encantado ou Leira dos Condes e ruta ás illas Cíes prazas esgotadas

 

A Deputación de Pontevedra promove, a través do programa "DepoAndainas", unha serie de camiñadas destinadas á poboación en xeral que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Non é só unha ruta de sendeirismo, é unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra, coñecendo as localidades e as súas xentes a través dos ríos e os bosques.

"DepoAndainas" é un programa gratuíto que oferta a Deputación de Pontevedra e que consta de 7 andainas nas que as e os participantes sentirán a natureza camiñando polos sendeiros.

Quen pode participar?

Está dirixido a todas aquelas persoas que gocen coñecendo o contorno natural e cultural polas sendas e camiños da nosa provincia; as "DepoAndainas" abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Elixe unha das nosas rutas, ata os cordóns e apúntate!

Número de andainas e prazas

O programa ofrece 7 saídas, 4 delas só de mañá e 3 de mañá e tarde. Para cada día ofertase un máximo de 300 prazas.

Mira os itinerarios e as características e apúntate canto antes.

Formalización da inscrición

As e os participantes poderán inscribirse a través do formulaio de inscrición a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 300 prazas, todas elas con praza de autobús. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o mércores anterior á realización da andaina ás 12 horas.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o mércores anterior á realización da andaina ás 12 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á andaina serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa "DepoInforma" da Deputación.

LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS