depotermal

Depotermal

Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, por medio de movementos de participación e cooperación social que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

  • "Depotermal" 2019 pon en marcha dous programas:
    • Programa de asistencia diaria (1.248 prazas)
    • Programa termal con pernoita (3.186 prazas)
  • Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan mediante a solicitude de adhesión dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). Xunto coa solicitude as entidades solicitantes deberán presentar a certificación da Secretaría do concello que corresponda sobre a adhesión ao plan (anexo 1). O prazo para que os concellos soliciten a adhesión será do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2019.
  • Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
    • Ser nacido antes do 1 de xaneiro de 1969
    • En caso de ser nacido o 1 de xaneiro de 1969 ou nunha data posterior:
      • Ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
      • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
      • Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos

No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio
  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
  • No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa 

Para calquera aclaración ou dúbida poderá poñerse en contacto co Servizo de Cohesión Social e Xuventude a través do teléfono 986 804 100 ou do seguinte enderezo de correo electrónico: cohesionsocialexuventude@depo.es

O prazo de emenda das solicitudes é do 15 ao 22 de maio de 2019 (ambos incluídos)

Última modificación: mércores, 04 decembro 2019