Exposición "A ruta dos fenicios"

Desde 22 nov 2018 ata 15 dec 2018
Pazo provincial. Pontevedra
A exposición está formada por un total de 13 estruturas e consiste nunha mostra explicativa e introdutoria coa finalidade de achegar á poboación este itinerario cultural europeo tan complexo e con tantas potencialidades desde o punto de vista cultural e turístico. Nos paneis que conforman a exposición poderase observar un mapa indicativo da ruta e interesantes imaxes de puntos de interese no destino de cada socio. Na mostra están representadas, amais das Rías Baixas, Empúries, Palma, Eivissa, Castellón, Sagunto, Guardamar do Segura, Cartagena, Mazarrón, Galera, a Universidade de Xaén, Cuevas del Almanzora, Linares, Mengíbar, a Deputación de Xaén, Melilla, Baena, Chiclana e Cádiz.
Información
- Horario: de 8.00 a 20.00 h
- Máis información
Copyright © 2019. Deputación de Pontevedra. Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade | Protección de datos | Política de cookies | Contacto
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra ES P3600000H +34 986 804 100 DIR3 LA0006111