Cantos na Maré

Cantos na Maré
Desde 13 Sep 2019 ata 15 Sep 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra

O Sexto Edificio acolle esta fin de semana nove sesións do festival Cantos na Maré, que celebra o seu 15 aniversario. A participación nestas actividades será de balde.

Do venres 13 ao domingo 15 haberá música para o público infantil con Magín Blanco, narración oral con música da man de Vero Rilo e Faia Díaz, unha ruta pola colección do Museo e un concerto posterior no piano con Brais González, unha performance de Antón Reixa, unha ruta pola cidade con Xurxo Souto, un obradoiro de música antiga para nenas e nenos, poesía da man de Aritmar, e dous filmes na sección CineMaré

Información