Celebrando a Seoane

Luis Seoane
Desde 16 May 2019 ata 23 Jun 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra

Cunha pequena mostra expositiva, un programa de visitas guiadas e un obradoiro para o público infantil imos lembrar a figura de Luis Seoane (Buenos Aires, 1910 - A Coruña, 1979) como pintor, debuxante, gravador, ceramista, deseñador, humanista…

Información

VISITAS GUIADAS

A partir do xoves 30 de maio faranse visitas guiadas para o público adulto non organizado en grupos todos os xoves, ás 12 h. Nestes casos non se precisa inscrición.

Os grupos organizados deben concertar cita co Gabinete Didáctico.

OBRADOIRO: Construíndo con Seoane

  • Destinatarios: Nenas e nenos de 6 a 12 anos
  • Data: Sábado 8 de xuño
  • Horario: Quenda de mañá, de 11 a 13 h. Quenda da tarde, de 17 a 19 h
  • Número de participantes: 14 por quenda

Máis información en museo.depo.gal

Galería de fotos