Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

Rompe. Xoga en igualdade. O Rosal
Desde 29 abr 2019 ata 31 mai 2019
Sala de exposicións. Casa do concello. O Rosal
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo, precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e na formación de nenas e nenos, así como na transmisión de valores.

Información
  • Horario: de luns a venres de 10 a 14 h e de 16 a 20 h; festivos, pechado
  • Inauguración: 29 de abril, ás 12 h
  • Máis información