Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

Rompe. Xoga en igualdade. Vigo
Desde 24 abr 2019 ata 16 mai 2019
IES San Tomé de Freixeiro. Vigo
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. (Paneis)

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e na formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.

Información
  • Horario: de luns a venres, de 8 a 15 h
  • Inauguración: 24 de abril, ás 12 h
  • Máis información