Exposición "A gaita na música tradicional galega"

A gaita na música tradicional
Desde 04 Sep 2019 ata 20 Oct 2019
Pazo de Mos. Festival Son do Pazo. Mos

A mostra repasa a historia da gaita desde a súa aparición nun formato rudimentario na antiga Mesopotamia no 2.000 a. C. –onde xa se rexistra a idea de unir unha bolsa ou fol a un tubo sonoro–, ata a actualidade e facendo paradas en fitos e cuestións particulares como a figura do gaiteiro anónimo, o concurso de Ponteareas, a historia da Asociación de Gaiteiros Galegos, ou o único museo dedicado exclusivamente á gaita de fol como é a Casa da Gaita de Viascón en Cotobade.

Está comisariada por Xaime Estévez Vila, Carlos Collazo de la Fuente e Ana Costas Carbajal, conta coa participación da Asociación de Gaiteiros Galegos, do obradoiro Gil de gaita tradicional, Pablo Carpintero, e inclúe numerosas fontes bibliográficas, deseños e fotografías dos fondos do Museo de Pontevedra.

Información